Benvida

Benvidos a todos e todas a esta pequena xanela que abrimos dende Apelón para que poidades coñecer, de primeira man, o que aquí cociñamos diariamente, que non é outra cousa máis que ilusións, gañas de aprender e gañas de pasalo ben. Agardamos que disfrutedes con nós de todo isto.

jueves

Proxecto de traballo "AS SEREAS"

Durante o primeiro trimestre do curso decidimos traballar as sereas. Tíñamos interese por coñecelas mellor, por aprender historias e lendas sobre elas,..., pero sobre todo por observalas, pois parecíannos moi bonitas.

PROXECTO DE TRABALLO "AS SEREAS"

O QUE SABEMOS                                                           O QUE QUERÍAMOS SABER
-Teñen cola de peixe                                                           -Se son boas ou malas
-Teñen o pelo longo                                                            -Quen é o autor de "La sirenita"
-Non poden respirar fora da auga                                        -Se hai outras sereas famosas
-Coñecemos a Ariel e o conto "La sirenita"                          -Se existen de verdade
-Gústanlles os colares                                                          -Como son os colares das sereas                                                                   
O primeiro que fixemos foi montar un pequeno recuncho con bonecas e contos que trouxemos da casa, algún libro da biblioteca e algunha información aportada polas familias.


Fixádevos que camiseta máis chula ten Mariña!!


Como no cole sabían que estábamos a traballar as sereas, Adriana, unha compañeira de 1º de Primaria, veu á nosa clase acompañada de Rebeca a prestarnos, para o noso recuncho das sereas, a "sirenita de Copenhague", e ademais contounos unha pequena historia sobre esta escultura.



Así aproveitamos para aprender que dita escultura fíxose para homenaxear a Hans Christian Andersen, o escritor de " La Sirenita". Por este motivo, unha das actividades que fixemos foi pintar con acuarelas "La Sirenita"



e xogar na PDI con xogos sobre este conto tan famoso.



Despois de buscar en internet cadros e esculturas sobre sereas, fixemos unha selección coas que máis nos gustaron e observamos un montón de cousas! Unha das cousas das que nos decatamos foi que as sereas soen levar sempre colares, e sobre todo colares de cunchas. Por este motivo a profe propúxonos que aproveitáramos unha tarde de sol para ir á praia a pasear coa familia e recoller cunchas para logo facer un colar.
Trouxemos ao cole un montón de cunchas e xogamos con elas a facer un montón de couasa:
-Clasifícámolas por tamaños





-Clasificámolas en mexilóns, vieiras...





-Fixemos música con elas


-Fixemos tamén camiños


-Xogamos ás cocinitas


-E tamén contamos, contamos e contamos...cunchas



Outra actividade que fixemos foi buscar en internet caracolas e cunchaas, e aprendemos a diferencialas






 Ademais poidemos comprobar que moitas das cunchas e caracolas que saían en internet, tíñamolas na clase.




Despois de xogar e manipular tanto as cunchas, escollemos cada un/unha de nós as cunchas que queríamos para o noso colar,



furámolas cun aparello que nos prestou Martín, o conserxe do colexio,






e decorámolas con rotuladores









Por último cosemos as cunchas





e así de bonitos nos quedaron os colares que, por suposto, nos levamos para casa




Ademais deste colar, animámonos a facer outro. Esta vez picamos unha cuncha de peregrino, unha vieira, e fixemos o noso colar de peregrino.


Vendo o moito que nos gustaba manipular e xogar coas cunchas, a profe propúxonos facer un cadro de peixiños utilizando cunchas pequeniñas e outras un pouco máis grandes. O primeiro que fixemos foi pintar con témperas un pedazo de cartón




Logo pintamos con témperas as cunchas máis grandes, que serían o corpo dos peixiños




E as máis pequenas, que serían as aletas e a cola, decorámolas con rotuladores











Finalmente, así de bonitos quedaron os cadros


Outra das cousas que observamos vendo cadros e esculturas de sereas foi que, aquí, na Coruña, hai algunha escultura adicada ás sereas, por iso decidimos investigar se había algunha por Mugardos. Pois resultou que no peirao de Mugardos hai unha casa que se chama "A casa da serea", na que se pode ver un escudo , o escudo da casa dos Mariño, que ten unha serea




Tamén descubrimos que hai unha lenda, a lenda de "A serea das Illas Mirandas", da zona de Ares, e pareceunos tan bonita que quixemos inventar a nosa propia  lenda. Para iso deixámonos influenciar tamén polo conto "La Sirenita" de Andersen
Había una vez una sirena que se llamaba Lucía. Una vez fue a casa de la bruja y le quitó la voz

La sirena gritó socorro y un príncipe la salvó

La sirena se convirtión en humana y en princesa y se casó con el príncipe. Colorín colorado este cuento se ha acabado

Descubrimos ademais uns cadros de sereas que nos gustaron un montón, e decidimos facer unha copia dun deles: "Sirena" de Yolanda Rubí
A profe copiouno a tamaño ben grande e pintou o corpo e a cara da serea, e nós pintamos o resto con ceras brandas e adornámolo con purpurina. Quedounos chulísimo!





Vendo o bonitas que eran todas estas obras artísticas, facíanos pensar que todas as sereas eran boas, pero descubrimos que había algunha mala: A Maruxaina de Cervo
Pero non só descubrimos cadros, esculturas, lendas,..., senón tamén música, como a obra "Sirenas" de Debussy, coa que nos relaxábamos de maravilla despois de bailar "Sereíña do mar" de Mamá Cabra




Despois de ver tantas sereas xa nos víamos capacitados e capacitadas para debuxar as nosas propias sereas e montar o  noso cadro, e o certo é que nos quedou bastante ben. Ademais, para facer o fondo do cadro, decidimos pintar cos pés!





E xa tocaba rematar o proxecto, e despois de todo o traballado, de todo o aprendido, de todo o que xogamos,...




decidimos montar unha exposición aberta a todos os compañeiros e compañeiras do cole, e por suposto, ás familias














O QUE TRABALLAMOS CON ESTE PROXECTO

-O conto "La Sirenita": o seu autor Hans Christian Andersen. Vimos a película e fixemos actividades na PDI (crebacabezas, vestimos a Ariel, coloreamos...)
-Obras de arte de sereas: pinturas e esculturas (observámolas e manifestamos gustos e preferencias)
-Música de sereas: para bailar ("A sereíña do mar" de Mamá Cabra), para relaxarnos ("Sirenas" de Debussy)
-Colares das sereas (coas familias, recollemos cunchas na praia e logo elaboramos colares con elas)
-As cunchas: xogamos coas cunchas, fixemos camiños,contámolas, clasificámolas, pintámolas, elaboramos manualidades con elas...
-Lendas de sereas: coñecemos a lenda "A serea das Illas Mirandas", "A Maruxaina" de Cervo, e inventamos a nosa propia historia de sereas.
-A serea de Mugardos: Imos ao peirao de Mugardos e localizamos a casa da Serea e o seu escudo.

AS NOSAS CONCLUSIÓNS

-As sereas son seres fantásticos, pero pensamos que existen
-As sereas cantan moi ben
-As sereas son moi guapas, teñen o pelo longo e encántalles peitealo
-Gústanlles moito os colares de cunchas
-Son moi boas, pero tamén hai algunha mala. como a Maruxaina
-Hai moitos cadros e moitas esculturas sobre sereas
-As sereas gústannos un montón!!!


Grazas a todos/as pola vosa colaboración!! Agardamos que vos gustara e que disfrutárades coa exposición tanto como disfrutamos nós preparándoa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario